jueves, 8 de mayo de 2008

Touriño non é Fraga

Onte recibimos na Costa da Morte, a visita do Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a Conselleira de Política Territorial, María José Caride, que visitaron Cee e Corcubión. Viñan a CONFIRMAR, a adxudicación defininitiva das obra da autovía, ó grupo de empresas formados por Ferrovial Agromás e Taboada y Ramos cun coste de 249 millóns de euros. A confirmación da adxudicación, publicouse tamén onte no Diario Oficial de Galicia.
E por qué Touriño non é Fraga? moi simple, se no ano 1999, estivo aquí o anterior Presidente da Xunta e o seu Conselleiro, imaxino de Obras Públicas que tamén viñeron a anunciar o mesmo e non tivemos nada, a comparación ofende, porque sepan vostedes que o PSdeG-PSOE non é o Partido Popular, o das verbenas, gaitas e polbo á feira, ó millor son máis parecidos outros que din ser os únicos que repesentan a Galicia, "en Galicia y en el mundo" e no fondo parécense moito ós da dereita.
Se o Presidente Touriño di que as obras escomenzarán antes de que acabe o ano, nesta agrupación estamos seguros de que vai ser así. E eso de que non se debe vir a anunciar as obras senón a inaugurar remates, tamén era cousa de D. Manuel. As obras xa se ven cando están rematadas, xa as podemos utilizar, non fai falla gaita y banderitas. Pero si é bo anunciar os investimentos que se van levar a cabo, investimentos en obras reais, como o muelle de Brens, como o porto deportivo de Corcubión, como o porto deportivo de Fisterra, que sumarán máis de 700 puntos de amarre. O parador de Muxía escomenza a ser unha realidade e que a Costa da Morte vai contar cunha base de rescates marítimos e un helicóptero de rescate, tamén vai ser unha realidade, pero imos ver todos os cidadáns da Costa da Morte esas realidades, porque Touriño non é Fraga.
E falando de obras adxudicadas e non executadas, pedímoslle expresamente ó Sr. Redonda que pida explicacións ó anterior goberno da Xunta, de por qué se tiña adxudicada a obra do porto de Sardiñeiro a Construcciones Dios, tres días antes das eleccións locais do ano 1999, apareceron ata carteis de comenzo de obra, e simulacros de escomenzo de obra, e despois das eleccións quedou todo parado e ninguén voltou ver a "Dios". Jacinto Parga non é burro, Sr. Redonda, como lle chamou vostede no Pleno, nin Irisarri é Cireneo (a ignorancia é atrevida) charmarlle a alguén "Sireneo" e "fariseo", pretendendo insultalo, unicamente que vostede sexa xenófobo, que pode ser. Só este pequeno inciso, que non saiu nos medios de comunicación, pero si sairon outras palabras doutros voceiros, e gústanos que todo o mundo poda saber o que pasou no Pleno do martes. Deixen de facer demagoxia, e de pretender que o pobo de Sardiñeiro se encha de acomplexados, porque non é así. Esa é a súa política a de subestimar ós seus veciños, e ir vostede de salvador do pobo. Nós cremos que Sardiñerio pode navegar só, sen estar baixo a súa dirección, que os leva directamente ás rocas, e non a mar aberto.

martes, 6 de mayo de 2008

Onde dixen "digo", digo "Diego"

O Pleno comenzou ás 13 horas, e rematou perto das 16 horas. Case tres horas de discusión e debate, moi acalorado, e que as cuestións alí tratadas deixan ó equipo de goberno nuha situación delicada, xa que os argumentos dados por este Grupo Municpal, foron difíciles de rebatir O alcalde quedou "abaneando" e nun tira e afloxa continuo, rectificou algún deses votos "NON" que adicara á prensa a pasada semana, xa que o efecto sorpresa de dúas das mocións deixouno un poco "descolocado".
Á moción da depuradora de Denle, o goberno votou NON, e toda a oposición, SI. Os argumentos esgrimidos, como dixemos onte, trocáronse de "obra xa adxudicada" (cousa que se demostrou falsa) por "obra adxudicada dentro dos expedientes de modificación de crédito da Excma Deputación" que se van resolver "a finais de mes", que non é o mesmo. Que se poida "colar" esta obra dentro destes expedientes, non impide a que dé lugar a moción presentada polo PSOE, xa que é unha obra que fai moita falla nese núcleo rural, e que non estabamos informados de que xa a "colaran" os do PP dentro. Era totalmente lexítima a Moción e a postura de toda a oposición para votar SI. O importante é que se leve a cabo, como así o fixo saber o Sr. Traba Fernández, e que aínda está por ver.
Á moción da solicitude de obras á Deputación para obras de saneamento e canalización de augas, o goberno do PP votou NON, e toda a oposición SI. Argumentaron que xa está todo feito e xa se ocupan eles do tema. Párecenos moi ben, para eso cobran dúas adicacións exclusivas, pero o PSOE de Fisterra lexitima o dereito a pedir milloras nas redes de saneamento e canalización, porque asi llo solicitan os veciños afectados nos núcleos rurais por infestación de ratas e os veciños de Fisterra, polos continuos cortes de auga por averías nas instalacións existentes. Estaremos tamén atentos ó comenzo destas obras, que esperemos non sexan en vísperas das eleccións locais do 2011, como ven ocurrindo cada catro anos.
Á moción das axudas económicas para lograr frear a despoboación que sofre este pobo, o PP votou NON, e toda a oposición votou SI. Para o alcalde é "inviable" todo este gasto, que arruinaría ó concello, e como xa comentabamos onte a perda para él, é mínima. Nin sequera propuxo baixar un pouco as cuantías, intentar axustalas (despois de ese estudo macroeconómico que tivo que facer durante dous meses) dalgunha maneira para poder chegar o que hoxe publicaba "La Voz de Galicia", "Camariñas y Muxía fomentan la natalidad con ayudas". Pero claro, ahí goberna o PSOE, un equipo de goberno progesista, responsable coas familias e con sensibilidade en canto a nacementos no seu pobo, e contribúen con axudas de 1.000 euros, que sumadas ós 360 euros da Xunta e ós 2.500 do Goberno Central do Sr. Zapatero e con garderías no pobo para que as nais e pais poidan traballar, pois que queren.... non hai color. Fisterra seguirá baixando de habitantes porque o Concello non ten cartos, bueno para adicacións exclusivas do alcalde e o "segundo de abordo" si que teñen, e para avogados que os defendan no Tribunal Superior de Xustiza por non ter escoitado as recomendacións da Xunta en canto a "algunhas licenzas con irregularidades", tamén, e para super comidas deste mes de maio tamén, e esperen que aínda faltan os "piratas de "nonseidonde", que iso vai ser "una supermegafiesta". E Fisterra estase a convertir neso, no lugar das super mega verbenas, luminarias, botellóns, y aquí "que viva la pepa". Qué queren? somos un concello pobre, e máis e que imos ser....
A sorpresa da mañá apareceu coa moción da Lei da Memoria Histórica, que o alcalde avanzou que ían votar que non, porque él xa acataba todas as leis (ejem...)e acabaron votando que SI, ó mesmo que toda a oposición, xa que se sacaban o punto 3º, onde o PSOE propoñía algún nome de persoas das que demos conta noutro post deste blog, o PP e o CDI estaban dacordo. O problema debía de ser ese, que non se propuxeran nomes, que o alcalde é moi "seu" e ten que escoller él mesmo o nome da rúa. Teña coidado co escollen porque na lista franquista había moitos, e é moi fácil confundirse. Congratulámonos de que saira adiante esta moción tan importante e que pronto vexamos desaparecer todos os símbolos franquistas deste municipio, e poidamos contarllo antes do 2011.
Onte esquecémonos dunha moción presentada por este Grupo que falababa dunha Senda do Litoral que escomenzara en Estorde e fora ata o noso faro, e de ahí ata Lires. Resultado, o PP en contra e a oposición a favor. Segundo o Sr. Traba xa houbo técnicos mirando e medindo. Pois está moi ben que nolo diga, aínda que sexa cando o solicita este Grupo, pois ata o de agora non informaron a ninguén da oposición de ditos "miramentos e medicións".
Como lles comentaba ó principio, presentamos unha moción "con carácter de urxencia" (isto é por sorpresa) sobre a petición que xa leva facendo dende hai dous anos a Consellería de Sanidade en referencia ós solares para a construcción do novo centro de saúde. Os propostos dende a alcaldía foron sempre rexeitados por diversos motivos (qué casualidade) entre eles como no caso da finca da Rectoral, por insuficiente acceso ó solar (que xa se ve a simple vista), ou como no caso da pista polideportiva enfronte á igrexa de Santa María das Areas, por informe desfavorable de Patrimonio por atoparse moi preto dun monumento declarado Ben de Interese Cultural (que tampouco fai falla ser un experto para velo). Pois dende xaneiro de 2007 seguen esperando unha nova e viable proposta dende o concello, pero o noso alcalde non atopa terreos, (xa saben, a Lei de Costas que achica moito Fisterra, e él cumpre todas as leis...). O PSOE de Fisterra, querendo axudar a este equipo de goberno nesa ardua tarefa de búsqueda, optou, a través dunha moción, de propoñer unha nova ubicación, a Praza do Concello, acompañándoa da súa correspondente ficha urbanística, para sometela á valoración dos técnicos da Consellería, e que ó mesmo tempo solicítase que se ceda ó Concello o andar onde se atopa o centro actual. Cos medios de comunicación alí reunidos expectantes á resposta do PP, non lle quedou outra que votar SI, como o resto dos grupos, con dúbidas por parte do alcalde de si será viable, pero como él non é técnico da Xunta... case podemos aseverar que é viable e esperemos que se acaben os atrancos a esta obra tan necesaria no pobo, dado a como se atopa o actual centro de saúde.
E xa por último a famosa moción do Partido Popular de Fisterra pedindo explicacións ó Presidente da Xunta de por qué se sacou a partida para o porto de Sardiñeiro, e a petición da execución de dita obra. Poden pedir explicacións, están no seu dereito, e nós non lle imos decir a un alcalde biólogo marino de que como se debe respectar ó litoral e as nosas augas cristalinas, ensenada de gran beleza, e praia de recollida de longueirón. Non, pero remataron sacando o segundo punto da moción, e quedarase todo en pedir explicacións. Ben entón nós tamén as pediremos a Manuel Fraga, xa que no 97 había unha partida e un prazo de execución de dita obra. Ou mellor non, polo ben de Sardiñeiro, do seu turismo e da súa beleza, alegrámonos de que se respecte o medioambiente, e que todos poidan disfrutar deste pobo e da súa praia, e que a futura senda do litoral que vai facer seguramente en pouco tempo esta Xunta, axude a unir Fisterra con Sardiñeiro en todos os aspectos.
PD: A millor frase do Pleno, foi cando o alcalde dixo que o PSOE de Fisterra lle poñía atrancos a todas as obras...un fenómeno este alcalde.

lunes, 5 de mayo de 2008

Él vota NON.

Dunha maneira breve, imos resumir as mocións que o Grupo Municipal Socialista de Fisterra presentou ó Pleno de mañá, a sabendas como ben dixemos onte, que o Grupo Popular vai votar a todo que non (José Manuel Traba Fernández dixit).
Escomenzaremos pola moción presentada hai dous meses, no anterior Pleno, e que se deixou apartada para "estudo" e que parece ser, despois de diversos estudos macroeconómicos do Concello de Fisterra, que non se vai sacar adiante. A moción fai referencia o grave problema de despoboación que está a sufrir o noso concello, xa que pasamos de ser 5.500 habitantes en decembro de 2007, a 4.971 en decembro deste ano. Arguméntase na moción, que feitos como que estemos sen gardería municipal, que no PXOM non apareza solo industrial algún, o encarecemento da vivenda das super promocións urbanísticas feitas en Fisterra, non ter saídas laborais para os nosos xóvenes, nin escolas taller onde poidan formarse á vez que gañan un soldo (como noutros concello, que sí son progesistas, da nosa comarca) contribúen á caída empicado da poboación, coa correspondente fuxida dos noso xóvenes, non só fóra de Galicia, senón a cidades galegas e ata a concellos limítrofes, (non fai falla nomealos, todos sabemos cales son) polas axudas e facilidades para a integración de homes e mulleres a postos de traballo. Asemade, baixamos de categoría coa correspondente perda de moitos miles de euros (o alcalde comentou que só 81.078 € ¿?) que lle corresponden a un concello de máis de 5.000 habitantes. Que son oitenta e pico mil euros está por ver, porque segundo as contas deste Grupo, a perda pode ser de ata 250.000 euros da participación municipal dos tributos estatais.
As medidas a aplicar son segundo os socialistas, que se fixara unha axuda de 3.000 € para todos os nenos nados e residentes no concello, librándoas en catro anualidades. Unha axuda de 250 € ó ano para os nenos empadroados, cos pais loxicamente, e que cursaran primaria. Os de secundaria recibirían outros 250 ó ano, e 500 serían para os estudantes de 16 a 25 anos, que acrediten que están cursando estudos, e non se veran obrigados a empadroarse en A Coruña ou Santiago, para percibir axudas deses concellos. Incentivar ós asentamentos de persoas adultas que non estén na situación anterior, promover e facilitar actuacións encamiñadas a que o lugar de retorno de moitos emigrantes sexa Fisterra, para o disfrute da súa xubilación, dentro de programas de axuda a retornados (que os hai, pero non se publicitan) con solo industrial ofertado a empresas foráneas (miren Vimianzo), ca gardería, coa Escola Taller, etc. etc. O que hai que ter son gañas, Sr. Traba, gañas de traballar por Fisterra e os seus cidadáns. Vostedes van votar en contra mañá segundo as súas palabras, porque a perda é mínima, non sei cal, a económica ou a perda de cidadáns?. Comezamos a afacernos a estar sempre "en mínimos", pero este Grupo non se afai, e loitaremos polos intereses deste pobo, que non deben ser os seus, xa que pode que a vostede ata lle teña conta a baixada de categoría do Concello de Fisterra, ou non?.
A moción para a construcción dunha depuradora en Denle, lugar que se atopa nunha situación terceiromundista en canto á rede de sumidoiros, xa que están a padecer graves situacións sanitarias, tamén a votarán en contra, porque é un feito consumado, xa que está en fase de adxudicación. Primeira noticia que ten este Grupo Municipal de que a depuradora para Denle estea nesa suposta fase. A Deputación de A Coruña, vai resolver a finais deste mes unha modificación de crédito, onde podería ter cabida esta obra, pero o Sr. Alcalde, di na prensa, que está en fase de adxudicación, cando a ninguén da oposición se lle dou conta de tal feito. Mañá pediremos as debidas explicacións, xa que non temos ningunha información de dita obra, e case podemos xurar que o alcalde tampouco.
Preséntase outra moción para a solicitude de obras á Deputación Provincial para a execución de obras de saneamento e canalización de augas de Fisterra e nos núcleos rurais (no Castro teñen graves problemas coas ratas) dado os problemas que todos coñecemos, que ocorren todos os invernos e veráns dado o mal estado da rede de saneamento e ó descontrol da presión de auga procedente da rede primaria e o depósito local. Non sabemos que votarán a esta moción, pero nolo tememos. Mañá nos dará unha resposta, a cal esperamos como auga de maio...
Da moción do cumplimento da Lei da Memoria Histórica xa demos conta, tamén votarán en contra, porque él xa cumpre escupulosamente con todas as leis, pero coa mesma, acepta o segundo punto da moción, (a contradición feita persoa) que fala de crear unha comisión para analizar a retirada de símbolos franquistas, pero eso será nunha próxima sesión (dentro de dous meses, ou nun extraordinario, non sabemos, porque este home é unha caixa de sorpresas) porque vaise él a encargar especialmente de retirar os símbolos franquistas dos dous bandos..... ahí queda eso.
Ata mañá.

domingo, 4 de mayo de 2008

E AGORA O PORTO POR QUÉ?








Onte publicouse no xornal "La Voz de Galicia" unha nova co seguinte titular, "El PP pide que Touriño explique la supresión del presupuesto para el muelle de Sardiñeiro". Este PP, é o de Fisterra, por suposto, e di que levará a pleno unha moción na que solicita ao Presidente da Xunta que explique os motivos da retirada dos orzamentos previstos para os anos 2005 e 2006 para o porto de Sardiñeiro, e que loxicamente aprobarán, por que teñen maioría absoluta, como lle gusta lembrar ó Sr. Traba Fernández. Nós tamén nos preguntamos porque en 16 anos do goberno do Partido Popular na Xunta, non fixeron as xestións necesarias para dito porto, e se así foi, por qué non se levou a cabo a execución de dita obra. Din "non sentir vergoña porque, mentres estivo o PP na Xunta, cumpriu ca palabra dada os veciños de Fisterra". Non sabemos tampouco que palabra foi esa, pois as inversións neste pobo, creo que se contan cos dedos dunha man, e aínda nos sobran. Parece ser que detallan as xestións realizadas nos últimos anos de xestión Popular, pero non as publicaron, asi que nos quedamos coas gañas de saber cales foron esas super obras e eses super investimentos. Ben parece unha tomadura de pelo do Sr. Traba Fernández, porque nestes últimos tres anos as partidas adicadas a Fisterra dende as distintas Consellerías foron moitas, outra cousa é que este alcalde non fixera as xestións necesarias para levar a cabo estes investimentos, como o caso do centro de saúde ou a Galescola. Non falemos xa dos investimentos da Deputación da Coruña para obras e tamén para persoal do Concello, e mais lle valería explicar que vai facer cos 12.000 € que se lle concederon para un Normalizador/a linguístico/a dende o mes de outubro do 2007 ata setembro do 2008 e que aínda non contratou, seguramente porpue non atopa a persoa da "cor" axeitada. Ou que dea explicacións, que se lle pedirán de por qué a Lei de Dependencia, (él que presume de cumprir "escrupulosamente" todas as leis) se está a aplicar neste concello a un ritmo tan anormalmente reducido que por desgraza, cando chegan os técnicos para evaluar os "supostos dependentes graves", moitos xa faleceron, como ocurriu recentemente despois de nove meses de ter solicitado a axuda. Ou por qué se están dando casos de xente deste concello, que cuida a familiares dependentes graves e se están trasladando a Santiago para poder axilizar os trámites. Debería caérselle a cara de vergoña, ante casos tan sangrantes, e de como ten totalmente abandoados os Servizos Sociais do Concello, nun pobo onde fan moitísima falla.
Segue a nota de prensa, anunciando que votará en contra de todas as mocións presentadas por o PSdeG-PSOE, non sabemos nin para que fai plenos, xa que anuncia de antemán e no nome do seu grupo, o que votarán no próximo pleno do martes, xa que o que se pide nas mocións son "feitos consumados". Minte de novo o Sr. Traba Fernández, e mañá explicaremos por qué e contaremos por qué son estas mocións, e sobre todo por qué está en contra de todas elas, sobre todo da que se refire ás axudas para o aumento de poboación, que xa baixou de 5.000 habitantes e a que se refire ás sendas do litoral.
O do porto ten fácil explicación, Sr. Traba. Esta nova Xunta, ó contrario que a do PP, quere conservar a beleza das nosas costas e praias, respectando o litoral. A ensenada de Sardiñerio, de gran beleza, se vostede pensara un pouco e se deixara de intereses particulares seus e do Sr. Redonda, é moi aprobeitable para o turismo, segundo vostede, o futuro de Fisterra (depende de como lle veña a vostede o vento). Pódese aproveitar para a futura senda do litoral, que pode escomenzar en Estorde ata ó Cabo de Fisterra, e seguirá ata Lires, cun paseo fermosísimo para turistas e non turistas. Unha ensenada con augas cristalinas e limpas, que si lle colocan un mini porto, non terá sentido como praia e lugar de descanso como comeza a ser Sardiñeiro. Esta Xunta cre na unificacion de portos, xa que a flota de baixura vai cada vez a menos, e xa está Corcubión e Fisterra como portos base, e chegan e deben de sobrar, cando se vai vender fóra (coma fan membros do cabildo desta bendita confraría de Fisterra) o que non se vende na lonxa deste pobo. Trátase de unificar, non de facer portos en todos os pequenos pobos que temos en todo o litoral galego, e que verá vostede como a larga, ata teremos unha ou dúas lonxas base e algunhas quedarán como "macromuseos do mar". Trátase de turismo, a palabra coa que vostede enche a boca cando lle ten conta, pero turismo de consumo, turismo náutico, de hoteis e restaurantes, de praias e terrazas, non de promocións urbanísticas e di vostede que é o futuro deste pobo, (de Sardiñeiro non?) de descanso, de aguas limpas e de calidade de vida en xeral. Do porto de Sardiñeiro tiña que ter vostede falado hai cinco ou seis anos, por exemplo, pero agora véselle o plumeiro.

sábado, 3 de mayo de 2008

DESCANSE EN PAZ

Hoxe, só unha pequena homenaxe dende Fisterra, para lembrar ó segundo Presidente democrático en España, Leopoldo Calvo Sotelo.
Presidente da transición despois da renuncia de Adolfo Suárez, pasou discretamente polo Congreso dos Diputados, sen facer demasiado ruido, algo que seguiría despois como ex presidente. Un home discreto, de poucas palabras e lonxe de todo o protagonismo que busca algún ex presidente de España, que non ven ó caso nombrar.

Descanse en paz.

viernes, 2 de mayo de 2008

Fisterra tamén ten Memoria Histórica



Hoxe queremos falar duha Moción que presenta este Grupo Municipal ó pleno deste mes de maio, e que promete ser movido. A Lei da Memoria Histórica esixe aos poderes públicos a retirada de todos aqueles símbolos, obxectos ou mencións conmemorativas ou que fagan exaltación da guerra civil e da dictadura.
No noso concello temos exemplos claros destes símbolos, como mostra a imaxe aquí exposta, en antigos lavadoiros, en Denle ou O Rial, e observamos que son totalmente nítidos, non deixando marxe para dudar si se trata dun símbolo franquista ou non. Hai poucos días, estas fontes foron obxecto dunha limpeza "a fondo" da maleza que tiñan o seu redor, pero o alcalde "olvidouse " de cumprir a lei, e proceder a eliminación destes símbolos.
Pois ben, o Grupo Municipal Socialista ven de presentar unha moción no Concello para que o alcalde cumpra, e non prevarique. Cal foi a nosa sorpresa cando o Sr. Traba Fernández sae os medios de comunicación anunciando un pouco alterado, a verdade, que vai retirar todos os simbolos franquistas do concello, pero todos, os que afectan os dous bandos...., e a verdade, nós só coñecemos un bando franquista, pero se un home universitario coma el coñece algún máis que nolo comunique. Non deixa de ser extrano que o faga agora despois de nove meses da posta en marcha da Lei, e cando ven de ser solicitado polo PSOE.
A rúa que leva por nome Manuel Lago Pais, debe correr a mesma sorte, xa que esta persoa finou na loita no bando franquista, e na súa memoria realizáronse actos colectivos no pobo, coa parafernalia típica da época, ó que asistiron as milicias locais falangistas de ambos sexos, con bandeiras e uniformes. Despois de misa, desfilaron as milicias ó fronte da casa familiar, como conta Luis Lamela García (invitado polo alcalde a diferentes actos literarios na vila, ben lle poido ter avisado) na serie "Documentos", co nome de "Crónica de una represión en la Costa da Morte", editado por Edicións do Castro.
Este mozo, era fillo de Vicente Lago Gutiérrez, caribineiro, para máis señas e que foi ao fronte con Evaristo Suárez Domínguez, e Ángel Insua Insua, aos que nunca lles fixeron homenaxe algunha.
O PSdeG-PSOE de Fisterra a través desta moción, quere que se constitúa una Comisión Municipal para a revisión e evaluación de dita simboloxía, obxectos ou mencións conmemorativas que fagan exaltación da guerra e posterior dictadura. Propón ademais que esta rúa, ou as mesmas fontes, sexan adicadas a aqueles fisterráns que foron asasinados nas cunetas , como José Insua Papín "de maría de víctor", Ramón García, "do xepiño", "Tacolo", Antonio García Canosa, Humberto Marcote Romero, Manuel Olveira Insua "O gaiolo", Martínez Cartamil, ou Nazario Blanco "de Adriana". Un caso que chama a atención pola súa dureza é o do fisterrán Ramón Lamela Marcote, que sobreviviu á guerra civil, e acabou en campos de traballo nazi na segunda guerra mundial, e que por desgraza morreu no campo de exterminio de Mathausen. Hai moitos nomes máis, coma o do alcalde de Fisterra na república, Cipriano Fernández, ou Francisco Bayón, fusilado por ser dirixente do sindicato anarquista de redeiros. A nosa famosa Rúa Real, foi noutros tempos, nomeada Rúa da República, ahí queda o dato.
Facendo aínda historia, o 4 de setembro do ano de Deus, 1936, queda constituída a primeira corporación fascista de Fisterra, Manuel Martínez Traba (como Delegado civil, ou alcalde a dedo) e como subdelegados, Ramón Vigo Insua, Manuel Canosa Insua, Ramón Canosa Buiturón e Francisco de la Barrera y Agrasar. En novembro completan o goberno, Ramón Rodríguez Vigo, José Buiturón Fernández, Manuel Castiñeiras Romero, Benito Marcote Escarís, Antonio Romero Marcote, José Ramírez Sánchez e José Lires Canosa.
Esperemos que a moción sexa aprobada pola maioría do pleno, e que en caso de que así suceda, que se chegue a cumplir todo o que nela se solicita, pois razóns hainas dabondas, e non se entende o nervosismo e o malestar do alcalde por facer cumplir a Lei da Memoria Histórica, cando quere desviar o tema, coma fai sempre, con acusacións de tipo persoal ó noso voceiro. Pode ser que as súas tendencias cara á dereita sexan a causa de tanto pesar.
Queremos agradecer especialmente a José Luis Louzán a documentación enviada, sen a cal non sería posible contar con toda esta información. Grazas.



jueves, 1 de mayo de 2008

Porto Deportivo


A primeiros deste pasado mes de abril tivemos unha boa nova, xa que o Porto Deportivo de Fisterra ía ser unha realidade, con case 300 puntos de amarre, case 75 máis dos que se anunciaron previamente.
O voceiro do PSOE fisterrán, Juan Boullosa e o concelleiro, e tamén responsable do Club Náutico, José Marcote, tiveron unha entrevista co presidente de Portos, Jacinto Parga quen lles dou a boa nova de que xa era unha realidade o proxecto polo que os socialistas de Fisterra tiñan apostado dende un primeiro momento e que levaban como parte do seu programa electoral.
A inversión aproximada é de nove millóns de euros e os trámites administrativos estarán listos a finais deste ano 2008, para poder escomenzar a obra a primeiros do ano próximo. O proxecto para Fisterra ten prioridade absoluta.
Con esta obra vense ademáis a reforzar a protección dos fortes ventos, quedando unha dársena moi segura para toda a flota amarrada no noso porto. O que fai impensable ter que ampliar a actual dársena vinte metros, como pedían sen demasiada lóxica outros sectores non afíns, sen querer darse conta, de que este proxecto de por si, xa vai reforzar a protección do porto.
Vaise a habilitar unha zona de recheo, onde se poderán instalar pequenos comercios ou negocios de cara ó turismo e ó deporte náutico, o que é un gran atractivo turístico para os centos de navegantes que percorren esta costa, e tamén unha inversión de futuro para todos os amantes dos deportes náuticos, empezando polos pequenos navegantes que temos no pobo, e que practican este deporte dentro das actividades do Club Náutico de Fisterra.
Grazas o goberno central e da Xunta, escomenzamos a facer realidade as demandas dos socialistas en Fisterra.
En vindeiras datas seguiremos a falar das demandas do noso grupo municipal a nivel autonómico, e sobre todo local, expoñendo o que se solicita no concello, dende mocións presentadas a pleno, se son ou non votadas favorablemente por que goberna, ata entrevistas dos nosos compañeiros do grupo muicipal do PSdeG-PSOE, coas diferentes consellerías, a que acordos se chegan para o futuro de Fisterra, etc.
Outro tema moi interesante e que todos debemos coñecer, e como vai o Plan Xeral de Ordeación Municipal, o famoso PXOM, e o Plan Especial do Casco Histórico (PEPRI), onde vos daremos conta do manipulada que está a información que dan desde o Concello, e da pouca información real coa que conta a xente afectada.
Para rematar, quero aconsellarvos un libro, escrito por Suso de Toro, "Madeira de Zapatero". Nel atoparedes entrevistas con José Luís Rodríguez Zapatero, e cos seus achegados (José Blanco, Carme Chacón, Trinidad Jiménez, etc) onde contan como foi toda aquela aventura de "Nueva Vía" e a preparación dos apoios cara ó Congreso do ano 2000, onde Zapatero foi elixido Secretario Xeral do PSOE.
"Socialismo é liberdade" ( José Luís Rodríguez Zapatero)
AVISO IMPORTANTE
Vicepresidencia da Igualdade e do benestar, convoca as axudas por fillo menor de tres anos (nados entre o 01/01/2005 e o 01/01/2008) o prazo remata o 13 de maio, e podedes solicitarnos os impresos para vós, ou para algún coñecido para tramitarllo, xa que non é indispensable facelo dende o Concello.