jueves, 1 de mayo de 2008

Porto Deportivo


A primeiros deste pasado mes de abril tivemos unha boa nova, xa que o Porto Deportivo de Fisterra ía ser unha realidade, con case 300 puntos de amarre, case 75 máis dos que se anunciaron previamente.
O voceiro do PSOE fisterrán, Juan Boullosa e o concelleiro, e tamén responsable do Club Náutico, José Marcote, tiveron unha entrevista co presidente de Portos, Jacinto Parga quen lles dou a boa nova de que xa era unha realidade o proxecto polo que os socialistas de Fisterra tiñan apostado dende un primeiro momento e que levaban como parte do seu programa electoral.
A inversión aproximada é de nove millóns de euros e os trámites administrativos estarán listos a finais deste ano 2008, para poder escomenzar a obra a primeiros do ano próximo. O proxecto para Fisterra ten prioridade absoluta.
Con esta obra vense ademáis a reforzar a protección dos fortes ventos, quedando unha dársena moi segura para toda a flota amarrada no noso porto. O que fai impensable ter que ampliar a actual dársena vinte metros, como pedían sen demasiada lóxica outros sectores non afíns, sen querer darse conta, de que este proxecto de por si, xa vai reforzar a protección do porto.
Vaise a habilitar unha zona de recheo, onde se poderán instalar pequenos comercios ou negocios de cara ó turismo e ó deporte náutico, o que é un gran atractivo turístico para os centos de navegantes que percorren esta costa, e tamén unha inversión de futuro para todos os amantes dos deportes náuticos, empezando polos pequenos navegantes que temos no pobo, e que practican este deporte dentro das actividades do Club Náutico de Fisterra.
Grazas o goberno central e da Xunta, escomenzamos a facer realidade as demandas dos socialistas en Fisterra.
En vindeiras datas seguiremos a falar das demandas do noso grupo municipal a nivel autonómico, e sobre todo local, expoñendo o que se solicita no concello, dende mocións presentadas a pleno, se son ou non votadas favorablemente por que goberna, ata entrevistas dos nosos compañeiros do grupo muicipal do PSdeG-PSOE, coas diferentes consellerías, a que acordos se chegan para o futuro de Fisterra, etc.
Outro tema moi interesante e que todos debemos coñecer, e como vai o Plan Xeral de Ordeación Municipal, o famoso PXOM, e o Plan Especial do Casco Histórico (PEPRI), onde vos daremos conta do manipulada que está a información que dan desde o Concello, e da pouca información real coa que conta a xente afectada.
Para rematar, quero aconsellarvos un libro, escrito por Suso de Toro, "Madeira de Zapatero". Nel atoparedes entrevistas con José Luís Rodríguez Zapatero, e cos seus achegados (José Blanco, Carme Chacón, Trinidad Jiménez, etc) onde contan como foi toda aquela aventura de "Nueva Vía" e a preparación dos apoios cara ó Congreso do ano 2000, onde Zapatero foi elixido Secretario Xeral do PSOE.
"Socialismo é liberdade" ( José Luís Rodríguez Zapatero)
AVISO IMPORTANTE
Vicepresidencia da Igualdade e do benestar, convoca as axudas por fillo menor de tres anos (nados entre o 01/01/2005 e o 01/01/2008) o prazo remata o 13 de maio, e podedes solicitarnos os impresos para vós, ou para algún coñecido para tramitarllo, xa que non é indispensable facelo dende o Concello.

No hay comentarios: