Hoxe queremos falar duha Moción que presenta este Grupo Municipal ó pleno deste mes de maio, e que promete ser movido. A Lei da Memoria Histórica esixe aos poderes públicos a retirada de todos aqueles símbolos, obxectos ou mencións conmemorativas ou que fagan exaltación da guerra civil e da dictadura.
No noso concello temos exemplos claros destes símbolos, como mostra a imaxe aquí exposta, en antigos lavadoiros, en Denle ou O Rial, e observamos que son totalmente nítidos, non deixando marxe para dudar si se trata dun símbolo franquista ou non. Hai poucos días, estas fontes foron obxecto dunha limpeza "a fondo" da maleza que tiñan o seu redor, pero o alcalde "olvidouse " de cumprir a lei, e proceder a eliminación destes símbolos.
Pois ben, o Grupo Municipal Socialista ven de presentar unha moción no Concello para que o alcalde cumpra, e non prevarique. Cal foi a nosa sorpresa cando o Sr. Traba Fernández sae os medios de comunicación anunciando un pouco alterado, a verdade, que vai retirar todos os simbolos franquistas do concello, pero todos, os que afectan os dous bandos...., e a verdade, nós só coñecemos un bando franquista, pero se un home universitario coma el coñece algún máis que nolo comunique. Non deixa de ser extrano que o faga agora despois de nove meses da posta en marcha da Lei, e cando ven de ser solicitado polo PSOE.
A rúa que leva por nome Manuel Lago Pais, debe correr a mesma sorte, xa que esta persoa finou na loita no bando franquista, e na súa memoria realizáronse actos colectivos no pobo, coa parafernalia típica da época, ó que asistiron as milicias locais falangistas de ambos sexos, con bandeiras e uniformes. Despois de misa, desfilaron as milicias ó fronte da casa familiar, como conta Luis Lamela García (invitado polo alcalde a diferentes actos literarios na vila, ben lle poido ter avisado) na serie "Documentos", co nome de "Crónica de una represión en la Costa da Morte", editado por Edicións do Castro.
Este mozo, era fillo de Vicente Lago Gutiérrez, caribineiro, para máis señas e que foi ao fronte con Evaristo Suárez Domínguez, e Ángel Insua Insua, aos que nunca lles fixeron homenaxe algunha.
O PSdeG-PSOE de Fisterra a través desta moción, quere que se constitúa una Comisión Municipal para a revisión e evaluación de dita simboloxía, obxectos ou mencións conmemorativas que fagan exaltación da guerra e posterior dictadura. Propón ademais que esta rúa, ou as mesmas fontes, sexan adicadas a aqueles fisterráns que foron asasinados nas cunetas , como José Insua Papín "de maría de víctor", Ramón García, "do xepiño", "Tacolo", Antonio García Canosa, Humberto Marcote Romero, Manuel Olveira Insua "O gaiolo", Martínez Cartamil, ou Nazario Blanco "de Adriana". Un caso que chama a atención pola súa dureza é o do fisterrán Ramón Lamela Marcote, que sobreviviu á guerra civil, e acabou en campos de traballo nazi na segunda guerra mundial, e que por desgraza morreu no campo de exterminio de Mathausen. Hai moitos nomes máis, coma o do alcalde de Fisterra na república, Cipriano Fernández, ou Francisco Bayón, fusilado por ser dirixente do sindicato anarquista de redeiros. A nosa famosa Rúa Real, foi noutros tempos, nomeada Rúa da República, ahí queda o dato.
Facendo aínda historia, o 4 de setembro do ano de Deus, 1936, queda constituída a primeira corporación fascista de Fisterra, Manuel Martínez Traba (como Delegado civil, ou alcalde a dedo) e como subdelegados, Ramón Vigo Insua, Manuel Canosa Insua, Ramón Canosa Buiturón e Francisco de la Barrera y Agrasar. En novembro completan o goberno, Ramón Rodríguez Vigo, José Buiturón Fernández, Manuel Castiñeiras Romero, Benito Marcote Escarís, Antonio Romero Marcote, José Ramírez Sánchez e José Lires Canosa.
Esperemos que a moción sexa aprobada pola maioría do pleno, e que en caso de que así suceda, que se chegue a cumplir todo o que nela se solicita, pois razóns hainas dabondas, e non se entende o nervosismo e o malestar do alcalde por facer cumplir a Lei da Memoria Histórica, cando quere desviar o tema, coma fai sempre, con acusacións de tipo persoal ó noso voceiro. Pode ser que as súas tendencias cara á dereita sexan a causa de tanto pesar.
Queremos agradecer especialmente a José Luis Louzán a documentación enviada, sen a cal non sería posible contar con toda esta información. Grazas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario