Dunha maneira breve, imos resumir as mocións que o Grupo Municipal Socialista de Fisterra presentou ó Pleno de mañá, a sabendas como ben dixemos onte, que o Grupo Popular vai votar a todo que non (José Manuel Traba Fernández dixit).
Escomenzaremos pola moción presentada hai dous meses, no anterior Pleno, e que se deixou apartada para "estudo" e que parece ser, despois de diversos estudos macroeconómicos do Concello de Fisterra, que non se vai sacar adiante. A moción fai referencia o grave problema de despoboación que está a sufrir o noso concello, xa que pasamos de ser 5.500 habitantes en decembro de 2007, a 4.971 en decembro deste ano. Arguméntase na moción, que feitos como que estemos sen gardería municipal, que no PXOM non apareza solo industrial algún, o encarecemento da vivenda das super promocións urbanísticas feitas en Fisterra, non ter saídas laborais para os nosos xóvenes, nin escolas taller onde poidan formarse á vez que gañan un soldo (como noutros concello, que sí son progesistas, da nosa comarca) contribúen á caída empicado da poboación, coa correspondente fuxida dos noso xóvenes, non só fóra de Galicia, senón a cidades galegas e ata a concellos limítrofes, (non fai falla nomealos, todos sabemos cales son) polas axudas e facilidades para a integración de homes e mulleres a postos de traballo. Asemade, baixamos de categoría coa correspondente perda de moitos miles de euros (o alcalde comentou que só 81.078 € ¿?) que lle corresponden a un concello de máis de 5.000 habitantes. Que son oitenta e pico mil euros está por ver, porque segundo as contas deste Grupo, a perda pode ser de ata 250.000 euros da participación municipal dos tributos estatais.
As medidas a aplicar son segundo os socialistas, que se fixara unha axuda de 3.000 € para todos os nenos nados e residentes no concello, librándoas en catro anualidades. Unha axuda de 250 € ó ano para os nenos empadroados, cos pais loxicamente, e que cursaran primaria. Os de secundaria recibirían outros 250 ó ano, e 500 serían para os estudantes de 16 a 25 anos, que acrediten que están cursando estudos, e non se veran obrigados a empadroarse en A Coruña ou Santiago, para percibir axudas deses concellos. Incentivar ós asentamentos de persoas adultas que non estén na situación anterior, promover e facilitar actuacións encamiñadas a que o lugar de retorno de moitos emigrantes sexa Fisterra, para o disfrute da súa xubilación, dentro de programas de axuda a retornados (que os hai, pero non se publicitan) con solo industrial ofertado a empresas foráneas (miren Vimianzo), ca gardería, coa Escola Taller, etc. etc. O que hai que ter son gañas, Sr. Traba, gañas de traballar por Fisterra e os seus cidadáns. Vostedes van votar en contra mañá segundo as súas palabras, porque a perda é mínima, non sei cal, a económica ou a perda de cidadáns?. Comezamos a afacernos a estar sempre "en mínimos", pero este Grupo non se afai, e loitaremos polos intereses deste pobo, que non deben ser os seus, xa que pode que a vostede ata lle teña conta a baixada de categoría do Concello de Fisterra, ou non?.
A moción para a construcción dunha depuradora en Denle, lugar que se atopa nunha situación terceiromundista en canto á rede de sumidoiros, xa que están a padecer graves situacións sanitarias, tamén a votarán en contra, porque é un feito consumado, xa que está en fase de adxudicación. Primeira noticia que ten este Grupo Municipal de que a depuradora para Denle estea nesa suposta fase. A Deputación de A Coruña, vai resolver a finais deste mes unha modificación de crédito, onde podería ter cabida esta obra, pero o Sr. Alcalde, di na prensa, que está en fase de adxudicación, cando a ninguén da oposición se lle dou conta de tal feito. Mañá pediremos as debidas explicacións, xa que non temos ningunha información de dita obra, e case podemos xurar que o alcalde tampouco.
Preséntase outra moción para a solicitude de obras á Deputación Provincial para a execución de obras de saneamento e canalización de augas de Fisterra e nos núcleos rurais (no Castro teñen graves problemas coas ratas) dado os problemas que todos coñecemos, que ocorren todos os invernos e veráns dado o mal estado da rede de saneamento e ó descontrol da presión de auga procedente da rede primaria e o depósito local. Non sabemos que votarán a esta moción, pero nolo tememos. Mañá nos dará unha resposta, a cal esperamos como auga de maio...
Da moción do cumplimento da Lei da Memoria Histórica xa demos conta, tamén votarán en contra, porque él xa cumpre escupulosamente con todas as leis, pero coa mesma, acepta o segundo punto da moción, (a contradición feita persoa) que fala de crear unha comisión para analizar a retirada de símbolos franquistas, pero eso será nunha próxima sesión (dentro de dous meses, ou nun extraordinario, non sabemos, porque este home é unha caixa de sorpresas) porque vaise él a encargar especialmente de retirar os símbolos franquistas dos dous bandos..... ahí queda eso.
Ata mañá.
No hay comentarios:
Publicar un comentario