O Pleno comenzou ás 13 horas, e rematou perto das 16 horas. Case tres horas de discusión e debate, moi acalorado, e que as cuestións alí tratadas deixan ó equipo de goberno nuha situación delicada, xa que os argumentos dados por este Grupo Municpal, foron difíciles de rebatir O alcalde quedou "abaneando" e nun tira e afloxa continuo, rectificou algún deses votos "NON" que adicara á prensa a pasada semana, xa que o efecto sorpresa de dúas das mocións deixouno un poco "descolocado".
Á moción da depuradora de Denle, o goberno votou NON, e toda a oposición, SI. Os argumentos esgrimidos, como dixemos onte, trocáronse de "obra xa adxudicada" (cousa que se demostrou falsa) por "obra adxudicada dentro dos expedientes de modificación de crédito da Excma Deputación" que se van resolver "a finais de mes", que non é o mesmo. Que se poida "colar" esta obra dentro destes expedientes, non impide a que dé lugar a moción presentada polo PSOE, xa que é unha obra que fai moita falla nese núcleo rural, e que non estabamos informados de que xa a "colaran" os do PP dentro. Era totalmente lexítima a Moción e a postura de toda a oposición para votar SI. O importante é que se leve a cabo, como así o fixo saber o Sr. Traba Fernández, e que aínda está por ver.
Á moción da solicitude de obras á Deputación para obras de saneamento e canalización de augas, o goberno do PP votou NON, e toda a oposición SI. Argumentaron que xa está todo feito e xa se ocupan eles do tema. Párecenos moi ben, para eso cobran dúas adicacións exclusivas, pero o PSOE de Fisterra lexitima o dereito a pedir milloras nas redes de saneamento e canalización, porque asi llo solicitan os veciños afectados nos núcleos rurais por infestación de ratas e os veciños de Fisterra, polos continuos cortes de auga por averías nas instalacións existentes. Estaremos tamén atentos ó comenzo destas obras, que esperemos non sexan en vísperas das eleccións locais do 2011, como ven ocurrindo cada catro anos.
Á moción das axudas económicas para lograr frear a despoboación que sofre este pobo, o PP votou NON, e toda a oposición votou SI. Para o alcalde é "inviable" todo este gasto, que arruinaría ó concello, e como xa comentabamos onte a perda para él, é mínima. Nin sequera propuxo baixar un pouco as cuantías, intentar axustalas (despois de ese estudo macroeconómico que tivo que facer durante dous meses) dalgunha maneira para poder chegar o que hoxe publicaba "La Voz de Galicia", "Camariñas y Muxía fomentan la natalidad con ayudas". Pero claro, ahí goberna o PSOE, un equipo de goberno progesista, responsable coas familias e con sensibilidade en canto a nacementos no seu pobo, e contribúen con axudas de 1.000 euros, que sumadas ós 360 euros da Xunta e ós 2.500 do Goberno Central do Sr. Zapatero e con garderías no pobo para que as nais e pais poidan traballar, pois que queren.... non hai color. Fisterra seguirá baixando de habitantes porque o Concello non ten cartos, bueno para adicacións exclusivas do alcalde e o "segundo de abordo" si que teñen, e para avogados que os defendan no Tribunal Superior de Xustiza por non ter escoitado as recomendacións da Xunta en canto a "algunhas licenzas con irregularidades", tamén, e para super comidas deste mes de maio tamén, e esperen que aínda faltan os "piratas de "nonseidonde", que iso vai ser "una supermegafiesta". E Fisterra estase a convertir neso, no lugar das super mega verbenas, luminarias, botellóns, y aquí "que viva la pepa". Qué queren? somos un concello pobre, e máis e que imos ser....
A sorpresa da mañá apareceu coa moción da Lei da Memoria Histórica, que o alcalde avanzou que ían votar que non, porque él xa acataba todas as leis (ejem...)e acabaron votando que SI, ó mesmo que toda a oposición, xa que se sacaban o punto 3º, onde o PSOE propoñía algún nome de persoas das que demos conta noutro post deste blog, o PP e o CDI estaban dacordo. O problema debía de ser ese, que non se propuxeran nomes, que o alcalde é moi "seu" e ten que escoller él mesmo o nome da rúa. Teña coidado co escollen porque na lista franquista había moitos, e é moi fácil confundirse. Congratulámonos de que saira adiante esta moción tan importante e que pronto vexamos desaparecer todos os símbolos franquistas deste municipio, e poidamos contarllo antes do 2011.
Onte esquecémonos dunha moción presentada por este Grupo que falababa dunha Senda do Litoral que escomenzara en Estorde e fora ata o noso faro, e de ahí ata Lires. Resultado, o PP en contra e a oposición a favor. Segundo o Sr. Traba xa houbo técnicos mirando e medindo. Pois está moi ben que nolo diga, aínda que sexa cando o solicita este Grupo, pois ata o de agora non informaron a ninguén da oposición de ditos "miramentos e medicións".
Como lles comentaba ó principio, presentamos unha moción "con carácter de urxencia" (isto é por sorpresa) sobre a petición que xa leva facendo dende hai dous anos a Consellería de Sanidade en referencia ós solares para a construcción do novo centro de saúde. Os propostos dende a alcaldía foron sempre rexeitados por diversos motivos (qué casualidade) entre eles como no caso da finca da Rectoral, por insuficiente acceso ó solar (que xa se ve a simple vista), ou como no caso da pista polideportiva enfronte á igrexa de Santa María das Areas, por informe desfavorable de Patrimonio por atoparse moi preto dun monumento declarado Ben de Interese Cultural (que tampouco fai falla ser un experto para velo). Pois dende xaneiro de 2007 seguen esperando unha nova e viable proposta dende o concello, pero o noso alcalde non atopa terreos, (xa saben, a Lei de Costas que achica moito Fisterra, e él cumpre todas as leis...). O PSOE de Fisterra, querendo axudar a este equipo de goberno nesa ardua tarefa de búsqueda, optou, a través dunha moción, de propoñer unha nova ubicación, a Praza do Concello, acompañándoa da súa correspondente ficha urbanística, para sometela á valoración dos técnicos da Consellería, e que ó mesmo tempo solicítase que se ceda ó Concello o andar onde se atopa o centro actual. Cos medios de comunicación alí reunidos expectantes á resposta do PP, non lle quedou outra que votar SI, como o resto dos grupos, con dúbidas por parte do alcalde de si será viable, pero como él non é técnico da Xunta... case podemos aseverar que é viable e esperemos que se acaben os atrancos a esta obra tan necesaria no pobo, dado a como se atopa o actual centro de saúde.
E xa por último a famosa moción do Partido Popular de Fisterra pedindo explicacións ó Presidente da Xunta de por qué se sacou a partida para o porto de Sardiñeiro, e a petición da execución de dita obra. Poden pedir explicacións, están no seu dereito, e nós non lle imos decir a un alcalde biólogo marino de que como se debe respectar ó litoral e as nosas augas cristalinas, ensenada de gran beleza, e praia de recollida de longueirón. Non, pero remataron sacando o segundo punto da moción, e quedarase todo en pedir explicacións. Ben entón nós tamén as pediremos a Manuel Fraga, xa que no 97 había unha partida e un prazo de execución de dita obra. Ou mellor non, polo ben de Sardiñeiro, do seu turismo e da súa beleza, alegrámonos de que se respecte o medioambiente, e que todos poidan disfrutar deste pobo e da súa praia, e que a futura senda do litoral que vai facer seguramente en pouco tempo esta Xunta, axude a unir Fisterra con Sardiñeiro en todos os aspectos.
PD: A millor frase do Pleno, foi cando o alcalde dixo que o PSOE de Fisterra lle poñía atrancos a todas as obras...un fenómeno este alcalde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario