domingo, 4 de mayo de 2008

E AGORA O PORTO POR QUÉ?








Onte publicouse no xornal "La Voz de Galicia" unha nova co seguinte titular, "El PP pide que Touriño explique la supresión del presupuesto para el muelle de Sardiñeiro". Este PP, é o de Fisterra, por suposto, e di que levará a pleno unha moción na que solicita ao Presidente da Xunta que explique os motivos da retirada dos orzamentos previstos para os anos 2005 e 2006 para o porto de Sardiñeiro, e que loxicamente aprobarán, por que teñen maioría absoluta, como lle gusta lembrar ó Sr. Traba Fernández. Nós tamén nos preguntamos porque en 16 anos do goberno do Partido Popular na Xunta, non fixeron as xestións necesarias para dito porto, e se así foi, por qué non se levou a cabo a execución de dita obra. Din "non sentir vergoña porque, mentres estivo o PP na Xunta, cumpriu ca palabra dada os veciños de Fisterra". Non sabemos tampouco que palabra foi esa, pois as inversións neste pobo, creo que se contan cos dedos dunha man, e aínda nos sobran. Parece ser que detallan as xestións realizadas nos últimos anos de xestión Popular, pero non as publicaron, asi que nos quedamos coas gañas de saber cales foron esas super obras e eses super investimentos. Ben parece unha tomadura de pelo do Sr. Traba Fernández, porque nestes últimos tres anos as partidas adicadas a Fisterra dende as distintas Consellerías foron moitas, outra cousa é que este alcalde non fixera as xestións necesarias para levar a cabo estes investimentos, como o caso do centro de saúde ou a Galescola. Non falemos xa dos investimentos da Deputación da Coruña para obras e tamén para persoal do Concello, e mais lle valería explicar que vai facer cos 12.000 € que se lle concederon para un Normalizador/a linguístico/a dende o mes de outubro do 2007 ata setembro do 2008 e que aínda non contratou, seguramente porpue non atopa a persoa da "cor" axeitada. Ou que dea explicacións, que se lle pedirán de por qué a Lei de Dependencia, (él que presume de cumprir "escrupulosamente" todas as leis) se está a aplicar neste concello a un ritmo tan anormalmente reducido que por desgraza, cando chegan os técnicos para evaluar os "supostos dependentes graves", moitos xa faleceron, como ocurriu recentemente despois de nove meses de ter solicitado a axuda. Ou por qué se están dando casos de xente deste concello, que cuida a familiares dependentes graves e se están trasladando a Santiago para poder axilizar os trámites. Debería caérselle a cara de vergoña, ante casos tan sangrantes, e de como ten totalmente abandoados os Servizos Sociais do Concello, nun pobo onde fan moitísima falla.
Segue a nota de prensa, anunciando que votará en contra de todas as mocións presentadas por o PSdeG-PSOE, non sabemos nin para que fai plenos, xa que anuncia de antemán e no nome do seu grupo, o que votarán no próximo pleno do martes, xa que o que se pide nas mocións son "feitos consumados". Minte de novo o Sr. Traba Fernández, e mañá explicaremos por qué e contaremos por qué son estas mocións, e sobre todo por qué está en contra de todas elas, sobre todo da que se refire ás axudas para o aumento de poboación, que xa baixou de 5.000 habitantes e a que se refire ás sendas do litoral.
O do porto ten fácil explicación, Sr. Traba. Esta nova Xunta, ó contrario que a do PP, quere conservar a beleza das nosas costas e praias, respectando o litoral. A ensenada de Sardiñerio, de gran beleza, se vostede pensara un pouco e se deixara de intereses particulares seus e do Sr. Redonda, é moi aprobeitable para o turismo, segundo vostede, o futuro de Fisterra (depende de como lle veña a vostede o vento). Pódese aproveitar para a futura senda do litoral, que pode escomenzar en Estorde ata ó Cabo de Fisterra, e seguirá ata Lires, cun paseo fermosísimo para turistas e non turistas. Unha ensenada con augas cristalinas e limpas, que si lle colocan un mini porto, non terá sentido como praia e lugar de descanso como comeza a ser Sardiñeiro. Esta Xunta cre na unificacion de portos, xa que a flota de baixura vai cada vez a menos, e xa está Corcubión e Fisterra como portos base, e chegan e deben de sobrar, cando se vai vender fóra (coma fan membros do cabildo desta bendita confraría de Fisterra) o que non se vende na lonxa deste pobo. Trátase de unificar, non de facer portos en todos os pequenos pobos que temos en todo o litoral galego, e que verá vostede como a larga, ata teremos unha ou dúas lonxas base e algunhas quedarán como "macromuseos do mar". Trátase de turismo, a palabra coa que vostede enche a boca cando lle ten conta, pero turismo de consumo, turismo náutico, de hoteis e restaurantes, de praias e terrazas, non de promocións urbanísticas e di vostede que é o futuro deste pobo, (de Sardiñeiro non?) de descanso, de aguas limpas e de calidade de vida en xeral. Do porto de Sardiñeiro tiña que ter vostede falado hai cinco ou seis anos, por exemplo, pero agora véselle o plumeiro.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Estimados Compañeiros,

Grazas polo voso enlace que eu poño tamen no meu blog.

Saudos dende a Vila e Corte.